lunes, 31 de enero de 2011

Quen puidera namorala,

meu amigo.


Daría catro das seis vidas que me restan por bicala tan só unha vez. E ficar quedo contemplando os seus ollos, por corresponderlle a un dos seus sorrisos. Por escoitar a súa respiración moi preto de min. Escoltar as súas caricias.

Tremo cada vez que a vexo, conteño o aire cada vez que pasa ao meu carón.

Nunca, ninguén, conseguiu un bico dos seus beizos. Ela vai por libre. Non para un intre. Ela voa alto, meu amigo, voa alto coma os paxaros: inalcanzable.


Quen puidera namorala...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

won't you come out to play?