Mostrando entradas con la etiqueta Verbas Verdes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Verbas Verdes. Mostrar todas las entradas

lunes, 31 de enero de 2011

Quen puidera namorala,

meu amigo.


Daría catro das seis vidas que me restan por bicala tan só unha vez. E ficar quedo contemplando os seus ollos, por corresponderlle a un dos seus sorrisos. Por escoitar a súa respiración moi preto de min. Escoltar as súas caricias.

Tremo cada vez que a vexo, conteño o aire cada vez que pasa ao meu carón.

Nunca, ninguén, conseguiu un bico dos seus beizos. Ela vai por libre. Non para un intre. Ela voa alto, meu amigo, voa alto coma os paxaros: inalcanzable.


Quen puidera namorala...

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Ti. Teu. Solpor.


Propúxenme escribir unhas verbas cando o solpor me deixase.

Propúxenme recitalas, musitalas, susurralas.

Quería sentilas.

Abandonáronme as palabras.

Fuxiron cos meus sentimentos.

Levounos o sol.

E así desapareceu todo co teu solpor.